Vida ceibe abirtamos no escomenzo;

dende a noite ao mencer abrexemos a esperanza,

nomeamos e lembramos

respondendo até a anguria

dun silenzo que ceifa o paso das quiobras.


Un home quer acougo, dibuxa, anova a verba

ofresce nas súas mans a ergueita voz dun pobo.

Mais ardían as pombas, maestro da piedade,

e chamaban a morte a roda dos pandeiros.


Na praia de Rianxo

caían como bágoas as estrelas.


Non volve atrás o tempo; fixo quedou na terra

e as azas xa non sirven de xermola pra o vento;

a estatua que abriamos é de ninguén, e a vida

atingue nos demais a súa propia eisistencia.


Vida ceibe abirtamos dende agora,

do mencer ao serán aberxemos a esperanza

e lembrando o porvir

respondemos ao noso degaro

cun silencio librado ao paso das quiobras.


Na praia de Rianxo

cairon como bágoas as estrelas.


Un home dibuxou o salaio das verbas

ofresceu nas súas mans a ergueita voz dun pobo;

mais xantan as quiobras o libre vóo das águias

i están chamando a engano a roda dos pandeiros.


Non volve atrás o tempo: fixo quedou na tebra.

Un home sai da casa, érguese no silenzo:

A estatua que abraiamos é de ninguén, e a  vida

atingue nos demais a súa propia eisistencia.


Na praia de Rianxo, irmán Daniel

inda caen como bágoas as estrelas.


(1986)






 

Castelao