DÚAS FONTES



FONTIÑA AO PÉ DO MEU SONO



Fontiña ao pé do meu sono

manas e cantas

arrolos de ágoa:

mana o meu sono,

contigo canta

e tristementes perde

outura e baixa.


Escorres no pó a túa

imaxe crara:

o sono vaise contigo:

deixas as bágoas.


Como unha pinga esquecida

da fonte

que chora e canta,

seña eisí a miña vida,

seña eisí a miña i-alma.



COMO DEITA O TEMPO


Como deita o tempo o meu segredo

do mañán para sempre

feito de onte, eterno!

 

Fabulario Novo