Arcade tén unha ilha,

    Insuiña de Medal,

    Mercoulha ao mar nunha nena

    Por duas cuncas de sal.


Dorna corazón barqueiro

rubindo os verdes da ágoa

no meu ronsel derradeiro.


Polas orelas da vida

cantaba a nena de día.


Mar adentro os meus amores

son:

unha dorna, tempo craro

e o leme dunha canción.


Mar adentro os meus amores

van:

barqueiro que volva a ilha

no ilha me atopará.


Meu amor as caracolas

din:

mais calzan o pé das foulas

chorimas do non e o sí.


Polas orelas da morte

cantaba a nena de noite.


Arcade vai polo río

e o meu barqueiro non ven.

Ilha que alcendín de amores

o frío de amores tén.


Dorna corazón barqueiro,

a nena triste afogou

no meu ronsel derradeiro.





 

Insuiña de Medal