Xa aniñaran quiobras no meu peito.
Arrincado da tebra, resucitei
faíscas dun tempo morto.
Leite mouro deitado na porta dos meus días,
murchábanse as paraulas nos meus beizos
e ateríame ao sol nas dunas estatantías do deserto.
Dentes de mel e cinza
xantaban a bermella mazán do verme.
Pel e mortaxa
non distinguía a miña ollada enxoita
cando fun arroxado ao sofrimento
dista segunda morte.
(1981)